InicioCentralLourenzáÍtaca Teatro presenta 'Anacos ' en Lourenzá para o vindeiro sábado

Ítaca Teatro presenta ‘Anacos ‘ en Lourenzá para o vindeiro sábado

Publicada o

- Advertisement -

A compañía lucense Ítaca Teatro presentará, o vindeiro 16 de decembro, a súa peza ‘Anacos’ no Multiusos Ponte de Cuñas de Lourenzá, dentro da Gala de entrega de premios e Clausura do V Certame de Teatro de Lourenzá.

‘Anacos’ é un espectáculo de narración oral no que Carlos Rebolo, o contador de historias, preséntanos varios contos de autobiografía ficcionada nos que as lembranzas irán aparecendo sen pedir permiso. Un cheiro, un sabor, unha foto, os primeiros acordes dunha canción ou mesmo o silencio dunha tarde invádenos e convídanos a viaxar pola memoria. Así, pouco a pouco, van agromado imaxes que nos levan a outros tempos vividos e fannos andar por camiños xa transitados. Cando estamos en soidade adoitamos gozalos saboreando ese instante que flota no aire e se instala na alma. Cando estamos en compañía tratamos de reconstruilos con palabras para compartir as historias que se gardan neses anacos.

Con este espectáculo da compañía profesional luguesa porase o colofón ao V Certame de Teatro de Lourenzá polo que pasaron, durante todo o mes de novembro, compañías teatrais das catro provincias galegas. A Gala comezará ás 20 horas e, tras a entrega de premios, Carlos Rebolo contaranos eses ‘Anacos’ da súa vida.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...