InicioCentralLourenzáÁngel Rodríguez: "Xogamos ao mesmo número desde hai máis de trinta anos"

Ángel Rodríguez: “Xogamos ao mesmo número desde hai máis de trinta anos”

Ángel Rodrígez Barreira rexenta o establecemento Bar Baos, onde vendeu o número 37.038, un dos que resultou agraciados no Sorteo da Lotaría de Nadal. Logo de coñecer o premio, falamos brevemente con Ángel quen di que non renunciará a seguir xogando co número premiado.

Publicada o

- Advertisement -

Como celebraron a caída do premio sobre o número que venden no seu establecemento?

Ben, realmente moi ben. Por aquí xa se achegaron todos os veciños que puideron porque algúns están traballando. Brindamos cunha copiña de champán, outros unha cervexa ou un viño, mais todo resultou moi ben.

-Por que compraron ese número en concreto?

Estou afiliado ao mesmo número desde hai trinta anos, á mesma administración. Xogamos co mesmo número en todos os sorteos, Nadal, Reis e semanalmente.

-Sempre o mesmo número?

Sempre, sempre co mesmo número desde hai máis de trinta anos.

-Cantas persoas foron agraciadas no seu arredor?

Moitas, moitas. Os veciños todos, mesmo empresarios, podo dicir que todo o mundo.

-Supoño que continuará co autoservizo como até o de agora, mais seguirá xogando co mesmo número?

Si, si, o número non o vou abandonar, iso desde logo. Sempre lle serei fiel a el e para a admnistración é un empuxiño para ela, pois non deu moitos premios até o de agora.

-Onde están vostedes situados exactamente?

En Santo Tomé de Lourenzá, un lugar no Concello de Lourenzá.

-Teñen xa preparada algunha celebración polo premio?

Si, pola noite xuntarémonos todos para celebralo.

-Desde logo agora o seu establecemento será recoñecido en moitas parte.

Si, abofé que lle vén moi ben este tipo de “publicidade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...