Este domingo, día 7 de xaneiro, coincidindo co 111 aniversario do seu nacemento, péchanse oficialmente as actividades do ano dedicado a Francisco Fernández del Riego. Será no Multiusos Ponte de Cuñas ás 18:30 horas.
Este evento consistirá nun concerto da Banda de Música de Foz coa colaboración de Pepe Peinó, Felipe Sánchez e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez. Este acto, organizado polo Concello de Lourenzá e a Mesa Coordinadora Don Paco, “porá fin a un ano intenso en actividades e no que Lourenzá se converteu na capital cultural de Galicia”, manifesta o concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango.