InicioCentralLourenzáA Plataforma Sanitaria convoca unha concentración en Lourenzá o 21 de xaneiro

A Plataforma Sanitaria convoca unha concentración en Lourenzá o 21 de xaneiro

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Sanitaria da Mariña convoca una concentración o vindeiro domingo 21 de xaneiro na Praza do Conde Santo ás 12 horas. Segundo a Plataforma esta mobilización responde á falta de pediatra na localidade de xeito continuado. Ademais, avanzan que o servizo de pediatría préstase de xeito compartido entre as localidades de Mondoñedo, Barreiros e Lourenzá, correspondéndolle a Lourenzá consulta de pediatría un día á semana. “A pandemia foi a escusa perfecta para o Sergas para eliminar o servizo nesta localidade e a día de hoxe continúa sen restablecerse”.

Os convocantes sinala que deficiencias en pediatría no Concello de Lourenzá veñen de tempo atrás, con ausencias non substituídas, prolongadas no tempo e que xa foron obxecto de mobilizacións nas tres localidades afectadas. Segundo explica a coordinadora do colectivo, Montse Porteiro, centos de familias reclamaron cobertura de pediatría: “xa que contar con pediatras nos centros de Atención Primaria non é ningún privilexio, senón un servizo básico que garante a normalidade na asistencia sanitaria e que está a ser desmantelado polo goberno da Xunta”.

A Plataforma Sanitaria da Mariña pide ás familias e veciños tanto das localidades afectadas coma do resto da comarca que acudan á concentración do vindeiro domingo en demanda da reposición do pediatra nesta localidade, tamén como da normalización do mesmo nos otros concellos nos que comparte a asistencia. “Igualmente reclamamos que se cubran as prazas de pediatras ou se substitúan as ausencias no resto de centros de saúde da comarca onde non se deu solución aínda”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...