O Bispado de Ferrol-Mondoñedo lamentou a “polémica artificial e interesada” sobre a titularidade do mosteiro de San Salvador da Lourenzá despois de que o PP neste municipio solicitase un pleno para aclarar a titularidade deste ben.
Nun comunicado remitido aos medios este mércores, a entidade eclesiástica sinalou que existen “dúas titularidades” sobre o mosteiro, “a do concello e a que foi adquirida por este bispado en 1943 por compravenda á Orde Benedictina”.
Inciden en que “en ningún momento deuse problema algún de delimitación da parte que a cada institución corresponde nin respecto dos usos que pola diocese fóiselle dando en cada momento”.
“Esa titularidade do bispado, como é notorio, nunca foi impedimento para o uso público do mosteiro, no marco da vontade desta institución de colaborar coas administracións públicas en beneficio da sociedade”, engadiu.