A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Turismo de Lugo (APEHL) dispuxo unha degustación de mousse de Faba de Lourenzá na saída da etapa deste xoves de La Vuelta a España.
Quenes se achegaron ao inicio do percorrido, en Huércal-Overa, Almería, poideron desfrutar dunha novidosa receita preparada co produto estrela da horta laurentina, dentro da promoción da campaña ‘E para comer, Lugo‘.
ETAPA NA MARIÑA
La Vuelta pasará por A Mariña o día 6 de setembro, cunha etapa de media montaña de 177,5 quilómetros de distancia que sairá de Mondoñedo e rematará na Estaca de Bares.