A locutora Marta Docampo será a pregoeira da Festa da Faba, do 5 ao 7 de outubro

O Concello presentou o cartel da vixésimo oitava edición do evento, obra da laurentina Aixa Paz

Paz, López e o edil Manuel Arango, na presentación do acto. AXM

O Concello de Lourenzá presentou o cartel e anunciou á pregoeira da vixésimo oitava edición da Festa da Faba, que se celebrara do 5 ao 7 de outubro.

PÓSTER

Aixa Paz Mora, licenciada en Belas Artes e natural de Lourenzá, encargouse do póster que anunciará a celebración. A alcaldesa, a socialista Rocío López, asegura “que non é fácil dar cun cartel que transmita a esencia do val e a esencia da faba, que é difícil facer chegar a quen o descoñece. Basta cunha soa ollada ao cartel para quedarse coa visión do que é esta festa”, afirma.

PREGÓN

A xornalista e locutora laurentina Marta Docampo pronunciará o pregón, previsto para o sábado 6 desde as 12.00 horas. Afincada en Madrid e cunha ampla experiencia na radio, entre a que se inclúe estadías en Antena 3 Viveiro e Cope de la Costa, a comunicadora mariñá traballou en medios como Europa FM ou Onda Cero. Actualmente, exerce en Cadena 100 e Gestiona Radio

A rexedora sinala que “para nós é un pracer contar cunha profesional de gran experiencia no sector do xornalismo, pero o que me fai sentir dobremente orgullosa e que é laurentina e muller”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here