InicioCentralLourenzáPor fin Lourenzá reabre as súas pistas deportivas

Por fin Lourenzá reabre as súas pistas deportivas

A alcaldesa, Rocío López, di que estarán abertas “sempre que a situación sanitaria se manteña estable”.

Publicada o

- Advertisement -

As instalacións deportivas municipais do ximnasio multiusos e da pista de pádel de Lourenzá reabrirán o vindeiro martes, 1 de xuño. Así o anunciou a alcaldesa, Rocío López, que precisou que estarán abertas “sempre que a situación sanitaria se manteña estable”.

Nun comunicado, o concello informa que @s soci@s do ximnasio poderán reanudar a súa actividade con reserva previa dende as 11 da mañá ata as 23 horas de luns a domingo e deberán asumir o protocolo coa normativa existente ata este momento. Os interesad@ poden darse de alta aquí.

A pista de pádel tamén volverá a funcionar a partir do vindeiro martes. Todos aqueles que queiran darse de alta para o uso da instalación poden facelo nesta ligazón. Para calquera dúbida os interesados poden contactar co Técnico de Deportes, Rubén G. Piñeiroa, no teléfono 610.91.66.96 ou no correo villaronte@gmail.com.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...