Lourenzá acollerá este venres,23 de xullo, ás 19:30 horas no Salón de Actos do Concello un acto público no que se vai abordar a situación actual do sector da dependencia e a necesidade social de contar cun servizo público potente que garanta os dereitos das persoas nesa situación.
Para este fin contarse coa presencia de Francisco Luis Vázquez Vizoso. Médico Epidemiólogo, ex-Xefe de Servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario de Pontevedra, e membro, promotor e activista do Movemento Galego pola Defensa das Pensións e dos Servicios Públicos (MODEPEN). Nos últimos anos ten publicado numerosos artigos en prensa abordando a situación e problemáticas do sector da dependencia analizando a súa situación derivada da progresiva privatización.
A presentación do poñente vai correr a cargo de Evaristo Lombardero, médico xubilado e membro de MODEPEN de Ribadeo. O aforo vai estar limitado en observancia das medidas anti-covid19 vixentes.