InicioCentralLourenzáLourenzá e o Valadouro, capitais gastronómicas da Mariña

Lourenzá e o Valadouro, capitais gastronómicas da Mariña

O autobús-cociña do programa "Saborea a túa provincia" ofrecerá receitas elaboradas con produtos da zona.

Publicada o

- Advertisement -

O programa “Saborea a túa provincia” da Deputación de Lugo na comarca chega a Lourenzá e a o Valadouro, onde se poderán degustar produtos e receitas elaboradas no propio lugar.  Ata A Mariña viaxará esta fin de semana, 7 e 8 de agosto, o autobús-cociña desta iniciativa, no que profesionais da Asociación Provincial de Cociñeiras e Cociñeiros elaborarán receitas con produtos típicos de cada zona. No lugar tamén haberá música, maxia, receitas, conferencias e obradoiros para os máis pequenos.

Neste programa utilízanse alimentos coas destincións de Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida. As elaboracións entregaranse en envases individuais pechados para que a xente as consuma de maneira segura mantendo as distancias de seguridade, sempre sentados. O aforo das xornadas, de carácter gratuíto, conta cun aforo limitado no que se controlará a entrada e saída das persoas en todo momento.

“Saborea a túa provincia” é un programa da Deputación de Lugo na comarca da Mariña que na pasada fin de semana xa recorreu Viveiro e Burela, onde se recibiron máis de 220 persoas en Viveiro e unhas 200 en Burela, segundo apuntou a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto. O autobús-cociña da inicitativa visitará outros 5 concellos durante o mes de agosto. 

O programa nace coa vocación de continuidade “porque reponde ao modelo de turismo que apostamos dende a Deptuación de Lugo: un turismo de calidade, sostible, non masificado, que pon en valor o patrimonio e que crea emprego, especialmente no rural”, explicou Pilar García Porto. A Xunta de Goberno deste venres 6 de agosto aprobou a contratación de medidas de reforzo para a prevención de Covid-19 por 8.000 euros co fin de aplicalas en todos os municipios aos que chegará o bus Saborea. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...