IniciosociedadeLourenzá xa ten operativo un novo depósito de auga contraincendios en Santo...

Lourenzá xa ten operativo un novo depósito de auga contraincendios en Santo Tomé

A rexedora municipal, Rocío López, comentou que “a finalidade é dotar a zona do val dunha infraestrutura axeitada que facilite os traballos de carga de auga e que permita actuar dunha maneira máis rápida e efectiva ante posibles incendios forestais".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Lourenzá construíu un depósito de auga na parroquia de Santo Tomé, concretamente no lugar de Cadros, para utilizar en caso de incendio.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou que “esta obra, que consistiu na construción dun depósito de formigón armado de 75 metros cúbicos, foi financiada a través dun convenio interadministrativo coa Deputación de Lugo por importe de 23.595 euros”.

A rexedora municipal comentou que “a finalidade é dotar a zona do val dunha infraestrutura axeitada que facilite os traballos de carga de auga e que permita actuar dunha maneira máis rápida e efectiva ante posibles incendios forestais. Con esta obra seguimos mellorando infraestruturas e servizos no rural”.

Trátase dunha intervención prioritaria e moi demandada polos veciños xa que a situación escollida para a súa construción é de fácil acceso para os medios terrestres, “o que permite acoutar os tempos nos labores de carga e descarga”. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...