InicioCentralLourenzáLourenzá suspende os concertos previstos para este sábado ante o mal tempo

Lourenzá suspende os concertos previstos para este sábado ante o mal tempo

As demais actividades programadas dentro das Xornadas da Faba de Lourenzá para esta fin de semana mantéñense, pero a actuación de Airiños da Freba, que está prevista para o domingo ás 18:00 horas trasládase da Praza do Conde Santo ao salón de actos municipal, debido a previsión de choiva.

Publicada o

- Advertisement -

Os concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre que estaban programados para mañá, sábado, 2 de outubro, en Lourenzá, concretamente no claustro do mosteiro de San Salvador, foron suspendidos ante a previsión de mal tempo.

Xabier Díaz informa a través da súa páxina web e das súas redes sociais desta suspensión e explica que as entradas mercadas na web “nos próximos 10 días hábiles farase a devolución das entradas pola tiqueteira Ataquilla. A comunicación da devolución farase no mesmo mail no que foron adquiridas as entradas. Para calquera cuestión relacionada pódese contactar co mail devoluciones@ataquilla.com”.

En canto ás entradas físicas mercadas na biblioteca municipal de Lourenzá hai de prazo ata o día 21 deste mes para solicitar a súa devolución. Para elo só hai que entregar a entrada e recíbese o importe da mesma na biblioteca, que ten un horario de 17:00 a 20:00 de luns a venres.

As demais actividades programadas dentro das Xornadas da Faba de Lourenzá para esta fin de semana mantéñense, pero a actuación de Airiños da Freba, que está prevista para o domingo ás 18:00 horas trasládase da Praza do Conde Santo ao salón de actos municipal, debido a previsión de choiva.

Ademais engádese na programación unha nova actuación para mañá, sábado, pola tarde: o grupo de música tradicional Souto Xímaro animará as rúas de Vilanova de Lourenzá.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...