InicioCulturaPinturas e gravados de Luís Seoane estarán expostos en Lourenzá ata o...

Pinturas e gravados de Luís Seoane estarán expostos en Lourenzá ata o 19 de novembro

A mostra está organizada polo Concello de Lourenzá e a Deputación de Lugo.

Publicada o

- Advertisement -

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acollerá unha mostra de pinturas e gravados de Luís Seoane desde este domingo, 24 de outubro, ata o 19 de novembro.

Anunciouno o concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango Ron, quen explica que esta exposición, titulada Luís Seoane, natural “recolle pinturas e gravados que pertencen a coleccionistas particulares e o acceso para visitala será desde a biblioteca municipal”.

A inauguración está programada para este domingo ás 13:00 horas e a mostra estará aberta ao público de luns a venres de 17 a 20 horas. Para visitala fóra deste horario hai que chamar previamente ao Concello e contactar con María José no teléfono 982.12.10.06.

Está organizada polo Concello de Lourenzá e a Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...