InicioCentralLourenzáLourenzá organiza obradoiros de coeducación para o alumnado do CEIP Juan Rey

Lourenzá organiza obradoiros de coeducación para o alumnado do CEIP Juan Rey

Serán unhas 40 sesións a desenvolver do 2 ao 12 de novembro nas instalacións deste centro educativo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Lourenzá organiza unha serie de obradoiros de coeducación dirixidos a todo o alumnado do CEIP Juan Rey, tanto de Educación Infantil como de Primaria. Serán unhas 40 sesións a desenvolver do 2 ao 12 de novembro nas instalacións deste centro educativo.

A concelleira de Igualdade, Mercedes Dengra, explica que “a actividade a desenvolver consta de catro tipos de obradoiros, nos que se traballa, con cine, teatro, baile e radio, a erradicación dos estereotipos, a prevención da violencia de xénero e promóvese a resolución de conflitos pacífica”.

Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración tanto do Ministerio de Igualdade como da Consellería de Igualdade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...