InicioCentralLourenzáAs fins de semana en Lourenzá estarán ligadas pola cultura durante o...

As fins de semana en Lourenzá estarán ligadas pola cultura durante o mes de novembro

A tesoureira da asociación Patrimonio Laurentino, Fina González, explicou que estas xornadas culturais “vanse desenvolver todos os sábados de novembro, desde o día 6 ata o 27".

Publicada o

- Advertisement -

A asociación Patrimonio Laurentino, en colaboración co Concello de Lourenzá, organiza as xornadas Novembro Cultural, que consisten na presentación de 4 libros durante este mes. A primeira delas será este sábado, día 6, ás 19:00 horas no Pazo de Tovar, onde a maxistrada da Sala do Social do TSXG Isabel Olmos Pares presentará a súa obra No duerme nadie.

As xornadas foron presentadas hoxe na Casa do Concello de Lourenzá pola alcaldesa, Rocío López, e tres directivos da asociación Patrimonio Laurentino: Fina González, Vidal Martínez-Sierra e Xosé Lois Rivera.

A tesoureira da asociación Patrimonio Laurentino, Fina González, explicou que estas xornadas culturais “vanse desenvolver todos os sábados de novembro, desde o día 6 ata o 27, e comezan este sábado 6 ás 19:00 horas no Pazo de Tovar coa presentación do libro No duerme nadie, da autora Isabel Olmos Pares, que é maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Sala do Social en Coruña”.

A seguinte presentación será o sábado 13, tamén ás 19:00 horas no Pazo de Tovar, con Marica Campo e o libro Os 25 anos da obra Confusión e morte de María Balteira, que é unha obra de relatos  e supón unha incursión no mundo das nosas lendas, dos contos, da revelación do feminismo, que merece moito a pena.

O seguinte sábado, o día 20, a presentación será ás 17:30 horas na igrexa de Vilanova de Lourenzá a presentación do libro do cura de Lourenzá, Xosé Antón Miguelez Díaz, titulado Oda a Xesucristo, credo e camiño. E, para rematar, o sábado 27 ás 19:00 horas no Pazo de Tovar presentaranse dúas obras de Antonio Reigosa Carreiras: Cen historias máxicas pola Mariña encantada e Contrahistoria de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...