InicioCentralLourenzáLourenzá convoca subvencións para asociacións do concello que realicen actividades culturais en...

Lourenzá convoca subvencións para asociacións do concello que realicen actividades culturais en 2022

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte á publicación da convocatoria no BOP. Tanto as bases coma os anexos onde aparecen os impresos de solicitude estarán publicadas na páxina web do Concello.

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lourenzá aprobou as bases da convocatoria de subvencións a asociacións do municipio para a realización de actividades culturais durante o ano 2022. O orzamento dedicado a estas subvencións ascende a 6.000 euros.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “poderán beneficiarse destas axudas os programas ou actividades culturais de carácter puntual ou permanente que”. Ditos programas ou actividades desenvolveranse no ámbito da cultura, promoverán asociacións culturais, veciñais ou colectivos que sexan considerados de interese sociocultural para o Concello de Lourenzá e que estean dirixidas a toda a poboación en xeral.

O concelleiro tamén apuntou que “é requisito imprescindible para ser beneficiario destas subvencións estar inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións con anterioridade ao día de publicación da presente convocatoria”. O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte á publicación da convocatoria no BOP. Tanto as bases coma os anexos onde aparecen os impresos de solicitude estarán publicadas na páxina web do Concello.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...