IniciosociedadeLourenzá quenta motores para o Nadal co seu concurso de postais

Lourenzá quenta motores para o Nadal co seu concurso de postais

Veciñas de Lourenzá participaron no obradoiro denominado "Elas tamén pintan: A creatividade como recurso harmónico de benestar natural", que tivo lugar onte á tarde e no que elaboraron un mural.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Lourenzá convocou o concurso de postais para escoller a que servirá como felicitación municipal e será publicada na páxina web e nas redes sociais do Concello.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que este certame, dotado cun único premio de 100 euros e trofeo, “está dirixido aos escolares de Educación Infantil e Primaria do concello. O prazo de presentación das obras, que irán acompañadas dun sobre pechado cos datos persoais do autor/a, rematará o 17 de decembro e deben entregarse nas dependencias da Biblioteca Municipal”.

OBRADOIRO DE PINTURA

Veciñas de Lourenzá participaron no obradoiro denominado Elas tamén pintan: A creatividade como recurso harmónico de benestar natural, que tivo lugar onte á tarde e no que elaboraron un mural.

Esta actividade está promovida pola Concellería de Servizos Sociais e a edil Mercedes Dengra explica que “con este obradoiro conxunto queremos levar a cabo unha acción global nesa loita a prol da igualdade e da liberdade das mulleres”.

O domingo, día 28, ás 12 horas na Praza do Concello será a inauguración do mural e terá lugar a lectura dun manifesto, acto no que se reivindicarán os dereitos das mulleres e se rexeitará todo tipo de violencia machista. O Concello anima a toda a veciñanza a participar neste acto do domingo para visibilizar este problema que “aínda está tan presente na nosa sociedade e para poñerlle freo”.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...