InicioCentralLourenzáUnha vila de Nadal feita con elementos naturais adorna a praza do...

Unha vila de Nadal feita con elementos naturais adorna a praza do Conde Santo en Lourenzá

Publicada o

- Advertisement -

A Praza do Conde Santo acolle unha Vila de Nadal elaborada artesanalmente e no barrio de Gracia hai unha estampa do Polo Norte para ambientar Lourenzá nestas datas.

A alcaldesa, Rocío López, explicou que “é todo feito de xeito artesanal, empregando madeiras e outros materias naturais. Detrás está un mes intenso de traballo por parte dos empregados do Concello, dos concelleiros e tamén doutra xente que nos veu axudar”.

O proxecto Vila de Nadal comezou hai uns anos e cada ano se vai incorporando algún elemento novo e dándolle forma. “Nesta ocasión decidimos incorporar unha paisaxe nova, na que se poden ver unhas montañas, un río, un pescador e ata unhas mulleres na vida cotiá”. Outras das novidades son a imaxe dun peregrino a entrada da praza do Conde Santo, que non podía faltar xa que por Lourenzá pasa o Camiño Norte e somos final de etapa, e tamén dous soldadiños que presiden a entrada da Casa do Concello.

A rexedora municipal destacou que “foron días de moito traballo pero é unha satisfacción ver así a praza do Conde Santo, repleta de figuriñas. Ademais o sábado a última hora da tarde, coincidindo coa noitiña, tivo lugar o acendido do alumeado de Nadal”.

Rocío López tamén comentou que no barrio de Gracia “a decoración fixérona os veciños en colaboración co Concello, polo que agradecemos aos que levaron a cabo esa labor, especialmente os nenos dese barrio, esa estampa tan bonita do polo norte que fixeron”.

A alcaldesa dá as grazas “a todas as persoas que axudaron para facer posible todo isto porque é un traballo de todos” e remata animando “a toda a xente a achegarse a Lourenzá para disfrutar desta marabilla, que estou segura que lles vai a gustar moito e sobre todo que lles vai a sorprender o que se van atopar aquí. Digamos que é un belén diferente, feito de pequeniñas cousas pero que seguro nos fan moi felices”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...