InicioCentralLourenzáA Faba de Lourenzá tamén tivo o seu protagonismo en Fitur

A Faba de Lourenzá tamén tivo o seu protagonismo en Fitur

A alcaldesa, Rocío López; os concelleiros Javier Huertas e Mercedes Dengra; e a técnico de turismo do Concello de Lourenzá, Justa Martínez, asistiron hoxe, venres, á presentación do Plan de Sustentabilidade Turística da Mancomunidade de Concellos da Mariña, no que o Camiño do Norte ao seu paso por Lourenzá e a Faba teñen unha presenza importante.

Publicada o

- Advertisement -

Unha delegación do Concello de Lourenzá promocionou os atractivos turísticos do municipio na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebra en Madrid.

A alcaldesa, Rocío López; os concelleiros Javier Huertas e Mercedes Dengra; e a técnico de turismo do Concello de Lourenzá, Justa Martínez, asistiron hoxe, venres, á presentación do Plan de Sustentabilidade Turística da Mancomunidade de Concellos da Mariña, no que o Camiño do Norte ao seu paso por Lourenzá e a Faba teñen unha presenza importante.

“Nesta visita aproveitamos para seguir promocionando os atractivos turísticos do municipio con distintos operadores turísticos para mostrarlles todos os recursos que ten Lourenzá. Foron sen dúbida unhas xornadas moi proveitosas, que nos permiten seguir dando pasos cara adiante no posicionamento de Lourenzá como un lugar turístico de referencia. Seguimos traballando nesa liña dando a coñecer ao mundo todo o potencial que temos: patrimonio natural e arquitectónico, gastronomía, Camiño Norte,… Todos os recursos nun só lugar para desfrute do visitante”, explicou a rexedora municipal, quen engadiu: “agardamos que esta edición de Fitur sexa positiva para Lourenzá e tamén para A Mariña no seu conxunto”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...