InicioCentralLourenzáLourenzá repartirá máis de 4.000 euros en premios no desfile de Entroido...

Lourenzá repartirá máis de 4.000 euros en premios no desfile de Entroido durante o Domingo de Piñata

"As bases así como a folla de inscrición e declaración responsable poden solicitarse no email entroidolourenza@gmail.com ou descargalas na páxina web do Concello de Lourenzá. Os dorsais poderán recollerse o domingo 6 de Marzo (Domingo de Piñata) no recinto feiral dende ás 14:00 ás 16:00 horas”.

Publicada o

- Advertisement -

O desfile de Entroido do Domingo de Piñata de Lourenzá, que se celebra o 6 de marzo a partir das 16:30 horas, repartirá máis de 4.000 euros en premios. Foi presentado hoxe pola alcaldesa, Rocío López, e polo presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL), Javier Huertas.

Os organizadores anuncian que “o prazo de inscrición para participar no desfile remata o xoves 3 de marzo de 2022, pasado ese día non se inscribirá a ningún participante, e hai que facela no correo electrónico entroidolourenza@gmail.com, enviando para a folla de inscrición debidamente cuberta así como unha declaración responsable. Unha vez feita a inscrición recibirán confirmación vía email.

As bases así como a folla de inscrición e declaración responsable poden solicitarse no email entroidolourenza@gmail.com ou descargalas na páxina web do Concello de Lourenzá. Os dorsais poderán recollerse o domingo 6 de Marzo (Domingo de Piñata) no recinto feiral dende ás 14:00 ás 16:00 horas”.

Tamén explican que “poderán participar neste concurso tódalas persoas que así o desexen e cumpran os requisitos de inscrición. Cada participante será responsable do dano ocasionado a terceiros. Apelamos á responsabilidade individual de cada un á hora de participar neste concurso. Respectaranse sempre as medidas decretadas polo protocolo Covid-19 vixentes. Actualmente o protocolo covid da Xunta de Galicia en materia da celebración dos actos de Entroido decreta: uso da mascarilla en todo momento en exteriores, tanto público como participantes; respectar a distancia de seguridade; certificados covid segundo a normativa vixente”.

Os participantes sairán do recinto feiral ás 16:30 horas e percorrerán as rúas da vila ata a Praza do Conde Santo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...