InicioCentralLourenzáAprobada a solicitude de licenza presentada pola Xunta para restaurar a igrexa...

Aprobada a solicitude de licenza presentada pola Xunta para restaurar a igrexa do mosterio de San Salvador

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, alégrase de que “en breve se vaian acometer esas obras xa que é unha intervención moi necesaria para a conservación da igrexa e do seu conxunto arquitectónico”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Lourenzá ven de aprobar na xunta de goberno local a solicitude de licenza presentada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, da Xunta de Galicia, para a realización de traballos consistentes na restauración da igrexa do Mosteiro de San Salvador.

As obras incluirán a restauración de carpinterías e ferraxes de reforzos metálicos, arranxos na nave da epístola e no muro sur, reposición da instalación eléctrica e actuacións para evitar entradas de augas nas naves laterais, entre outros traballos. O orzamento de execución material é de 237.999 euros.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, alégrase de que “en breve se vaian acometer esas obras xa que é unha intervención moi necesaria para a conservación da igrexa e do seu conxunto arquitectónico”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...