InicioCentralLourenzáAndainas e un café coloquio para celebrar o 8M en Lourenzá

Andainas e un café coloquio para celebrar o 8M en Lourenzá

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anuncia: “este ano imos facer unha andaina que leva por nome o lema Camiña con elas e que fixemos coincidir co percorrido da audioguía ficcionada Paisaxes da memoria, de Francisco Fernández del Riego, que discorre polas rúas de Vilanova de Lourenzá".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Lourenzá conmemorará o Día da Muller cunha andaina e un café coloquio, actividades que se celebrarán o vindeiro martes, 8 de marzo.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anuncia: “este ano imos facer unha andaina que leva por nome o lema Camiña con elas e que fixemos coincidir co percorrido da audioguía ficcionada Paisaxes da memoria, de Francisco Fernández del Riego, que discorre polas rúas de Vilanova de Lourenzá. Ao remate deste paseo celebrarase un café coloquio entre mulleres na sala de Servizos Sociais do Torreón dos Frades. Ao longo desta xornada compartiremos experiencias e vivencias de distintas mulleres, coas que queremos visibilizar a importancia que ten a muller en todos os eidos desta sociedade”.

A concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, destaca que “o 8M é unha celebración que ten como obxectivo profundar na importancia da igualdade de xénero e de oportunidades entre todas as persoas, mulleres e homes”.

As persoas interesadas en participar deberán anotarse nas oficinas dos Servizos Sociais en horario de 10:00 a 13:00 ou no teléfono 982.121.036. O prazo remata o vindeiro luns, 7 de marzo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...