InicioCentralLourenzáA alcaldesa de Lourenzá ve "de mal gusto que o PP faga...

A alcaldesa de Lourenzá ve “de mal gusto que o PP faga política” co mosteiro de San Salvador

"Está claro que empeza a carreira de cara as próximas eleccións e a algúns non lles importa intentar sumar puntos a toda costa, aínda que sexa con cuestións nas que o concello perde", declarou Rocío López.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, considera que “é de moi mal gusto que o PP faga política coa rehabilitación do mosteiro xa que quedaramos os tres grupos en traballar unidos, para o que se creou unha mesa de traballo da cal forma parte o voceiro do Partido Popular. Parece que a única intención que ten é romper con esa mesa de traballo, na que o señor Rodríguez foi informado de que son as normas europeas as que non deixan cabida a cesións demaniais deses edificios, é dicir que os convenios de cesión que se firmaron entre os concellos e o Bispado non serviron xa que eses bens tiñan que ser de titularidade pública. De feito, parece que o voceiro popular non se decata de que non só foi o Mosteiro de San Salvador senón que tiveron que ser retirados do Plan Turístico Nacional todos os edificios que non fosen de titularidade pública de toda España”.

A rexedora municipal laurentina engade: “lamento moito esta actitude xa que deberíamos estar todos unidos traballando para buscar novas vías de financiamento para a rehabilitación do mosteiro e non facendo política de algo tan serio. Agradezo a postura sempre colaboradora do BNG de Lourenzá neste tema porque me consta que é un tema que lles preocupa, e no que toca arrimar o ombreiro. Paréceme vergonzoso que o voceiro do PP aproveite a situación para crear controversias e polémicas, cando debería axudarnos a buscar novas solucións en vez de andar botando culpas aos demais. Está claro que empeza a carreira de cara as próximas eleccións e a algúns non lles importa intentar sumar puntos a toda costa, aínda que sexa con cuestións nas que o concello perde. Sinto pena de que non reme con nós, co BNG e co PSOE, nun tema tan serio e tan importante para Lourenzá, deixando de lado as cores políticas”.

Rocío López aclara que “dende o comunicado que nos enviaron da Xunta de Galicia e que recibiron da Secretaría de Estado de Turismo do goberno central parece que deixaron aberta a vía para que en futuras anualidades puidesen concorrer proxectos privados, é dicir o Bispado como propietario do inmoble. Nós, pola nosa parte, seguiremos traballando nesa mesa xunto co BNG para dirixirnos a todas as administracións e ver outras vías de financiamento posibles para conseguir fondos para unha futura rehabilitación”.

A alcaldesa remata comentando: “efectivamente alegrabámonos porque era unha boa nova para Lourenzá e para todos os laurentinos. Daquela o voceiro do PP non se alegrou nin chisco porque pensou que era un mérito do equipo de goberno, pero o señor Rodríguez alegrase hoxe desta mala nova. Que triste esta actitude!”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...