InicioCentralLourenzáO laurentino Fernando Vallines campión autonómico de peso e estará coa selección...

O laurentino Fernando Vallines campión autonómico de peso e estará coa selección en Valladolid

Por outra parte, o Concello de Lourenzá sinala o éxito de público e de nivel no campionato provincial de patinaxe que tivemos no día de onte domingo no pavillón de Lourenzá.

Publicada o

- Advertisement -

O atleta laurentino Fernando Vallines Fernández (Fernando I de Lourenzá) proclamado novo Campión Autonómico de peso con 15,27. Ademáis logra dun tiro dos billetes nacionais. Vallines estará o 4 de xuño coa selección en Valladolid e tamén participar no campionato de clubs en Jerez o 18 de xuño.

Ademais de Vallines, outro atleta de Lourenzá, Brais Díaz logrou o bronce en peso e a prata en xabarina e que actualmente compite no C. A. Narón

Carmen García Vázquez traenos a primeira medalla de combinadas da historia en sub18. Bronce autonómico con 2741 puntos. Pontevedra. 22 de maio de 2022. A súa actuación: 100 valados (3ª), 200 lisos (3ª) Altura (1ª), Peso (4ª), Lonxitude (4ª) Xabalina (5ª) e 800 lisos (3ª). A pesar de 3 nulos en xabarina , un mellor salto de altura con 1,47 deulle os puntos suficientes para subir ó caixón.

CAMPIONATO DE PATINAXE

Éxito de público e de nivel no campionato provincial de patinaxe que tivemos no día de onte domingo no pavillón de Lourenzá. Enviamos en adxunto fotos e clasificacións; onde o noso equipo local acadou dous títulos provinciais, en cuartetos de primaria e no grupo de secundaria.

No acto de clausura estiveron presentes, entre outros, o responsable do servicio provincial de Deportes D. Manuel Otero Cadramón, a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López , a Concelleira de Deportes Sonia Gavino e o secretario das Escolas Lourenzá Óscar González Docampo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...