O Autonómico de Ruta pasou por Lourenzá ademais da Galicia de Milla


Xela Martínez da Atlética Lucense con 05:18 e Gustavo Santiago do Miler con 04:27, proclamáronse esta fin de semana Campións de Galicia de Milla en ruta na edición disputada en Lourenzá. O campionato que contaría ca asistencia entre outras da alcaldesa do Concello Rocío López, a do Xefe do Servizo Provincial de Deportes Manuel Otero, a do Presidente da FGA Isidoro Hornillos e a do Presidente das E.D.Lourenza Pablo Maseda, celebrouse cun alto número de participantes.

Xunto aos gañadores ocuparon postos de podio absolutos Sara López do ADAS CUPA e Lucía Varela do LUCUS Caixa Rural na categoría femenina así como Jorge Puig do Atletismo Santiago e Ivo Maseda do Lugo Running club na masculina.

No resto de categorías os gañadores e gañadoras foron:

Absoluto: Xela Martínez (At.Lucense) e Gustavo Santiago (Miler)

Sub23: Sara López (ADAS CUPA)

Sub20: Lucía Varela (Lucus) e Antón Martínez (At. Lucense)

Sub18: Xela Martínez (At. Lucense) e Victor Ramos (Triki T.)

Máster35: Zelinda Spencer (Oviedo At.) e Fernando Bas (C.A.Sada)

Máster40: María Iglesias (CD Pinarium) e Marcos Conde (C.A. Ribadeo)

Máster45: Rebeca Soto (A.Narón) e Abel Barros (A.+9Moraña)

Máster50: Rocio Díaz (A.Ribadeo) e José Cabado (C.A. Santiago)

Máster55: Jorge Veleiro (Burgas Ourense)

Máster60: Celina Rodríguez (Moraña R.) e Ramiro Méndez (A Gándara)

Máster65: Begoña de Arriba (Egovarros) e Nemesio Gutiérrez (At. Friol)

Máster70: José Luis Rey (Indpdte.)

Máster75: Antonio Hernández (Mochila Deporte)

De igual modo tamén se disputou o Campionato de Xunta de Galicia de 1 km para as categorias Sub10 ata Sub16 cas seguintes gañadoras e gañadores:

Sub16: Amparo Corredoira (At. Lucense) e Alex Sierpes (S.A.Trega)

Sub14: Sabela Castelo (S.M.Marín) e Enrique García-Boente (At.Lucense)

Sub12: Ainoa Galán (A.+9 Moraña) e Pablo Barreiro (C.D.Pinarium)

Sub10: Alba Solla (C.D.Pinarium) e Hugo Cordal (Cambados S.N)

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here