InicioCentralLourenzáLourenzá recibe aos aventureiros que viaxaron até Noruega en vehículos clásicos

Lourenzá recibe aos aventureiros que viaxaron até Noruega en vehículos clásicos

Esta viaxe, que serviu de promoción para o municipio, foi organizada polo Concello de Lourenzá en colaboración co club VespaFaba&Clásicos.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, ofrecerá unha recepción aos dous aventureiros que foron desde este municipio ata Noruega en vehículos clásicos, concretamente nun coche Dyane 6 e nunha moto Vespa 200.

O acto será mañá, sábado 9 de xullo, a partir das 11 da mañá na praza do Conde Santo e nos baixos da Casa do Concello, onde os protagonistas desta viaxe (Jorge Aguirre e Cefe Martínez), ofrecerán unha charla coloquio na que contarán as experiencias vividas e proxectarán fotografías da aventura.

Esta viaxe, que serviu de promoción para o municipio, foi organizada polo Concello de Lourenzá en colaboración co club VespaFaba&Clásicos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...