InicioCentralLourenzáA alcaldesa de Lourenzá sinala que "hoxe é un día de felicidade"...

A alcaldesa de Lourenzá sinala que “hoxe é un día de felicidade” ante a dedicatoria do Día das Letras Galegas a Fernández del Riego

Rocío López, alcaldesa de Lourenzá, indicou: “creo que podo falar en nome de todo o concello de Lourenzá e dar as grazas moi especialmente á Real Academia Galega por apoiar esta candidatura".

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, manifestou que “hoxe é un día de felicidade e de orgullo para todos os laurentinos e laurentinas porque vimos de recibir a marabillosa noticia de que se lle vai dedicar o Día das Letras Galegas do próximo ano 2023 a Francisco Fernández del Riego. Levamos loitando por isto moito anos”.

“En primeiro lugar quero agradecer ás corporacións municipais anteriores que iniciaran este camiño que agora me tocou a min continuar. Agradecer tamén a todos os grupos políticos que forman a actual corporación porque apoiaron sen fisuras esta candidatura. Tamén quero ter unhas palabras de agradecemento para aos concellos veciños que nos apoiaron, á Deputación Provincial, ao Concello de Vigo, á Fundación Penzol e a todas as institucións ás que nos diriximos para que apoiasen esta iniciativa e que o fixeron firmemente”, engadiu a rexedora municipal, quen tamén lembrou “a colaboración de dous veciños de Lourenzá, Manuel Román e José López, pola súa labor a prol de dar a coñecer a figura do noso escritor e estar sempre dispostos a colaborar co Concello en todas cantas actividades culturais se organizaron. E sobre todo quero ter unhas palabras de agradecemento para a asociación Patrimonio Laurentino porque a pesar de ser de recente creación tamén impulsou coas súas actividades esta candidatura de Francisco Fernández del Riego”.

Rocío López indicou tamén: “creo que podo falar en nome de todo o concello de Lourenzá e dar as grazas moi especialmente á Real Academia Galega por apoiar esta candidatura. E poñémonos á súa total disposición para que os actos que se celebren en Lourenzá estean a altura do que representou para a lingua e a cultura galega a figura do noso veciño máis ilustre, don Francisco Fernández del Riego. Quero facer extensible esta ledicia e felicidade que sinto neste momento, que estou segura que a senten todos os laurentinos, e anuncio que desde xa continuaremos traballando para celebrar por todo o alto eses actos o vindeiro 17 de maio de 2023”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...