InicioCentralLourenzáO PP de Lourenzá di que o goberno local debera centrarse en...

O PP de Lourenzá di que o goberno local debera centrarse en “traballar” e non en “vivir de rendas”

O PP local lamenta que “ante unha pregunta ao goberno socialista sobre a súa xestión; a resposta que recibimos sexa un ataque persoal ao presidente da xestora".

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de Lourenzá sinala que o goberno local está a “vivir das rendas” . Por este motivo os ‘populares’ piden “seguir impulsando o Camiño ao seu paso polo municipio e traballando para que os peregrinos queden aquí”. Os PP laurentino lembra que “os servizos cos que conta na actualidade o municipio en relación ao Camiño Norte foron implantados por gobernos do PP”; e consideran que “este goberno do PSOE non fixo nada novo por promocionar o Camiño ao seu paso por Lourenzá”.

“Os peregrinos débense sentir atraídos polo noso concello e levar un grato recordo del, pero non sempre teñen os servizos que precisan”, explican. Nese sentido, poñen como exemplo que o pasado 8 de xullo un grupo de peregrinos quería selar a súa credencial ás sete da tarde, pero non tiñan onde. Sorte que estaba a igrexa aberta”. En relación á imaxe do entorno da igrexa, explican que “o goberno local ben sabe o resultado de sacar unha foto da igrexa dende o fondo da praza Linares Rivas”.

Dende o PP local din non entender “que ao goberno laurentino lle moleste que outros Concellos impulsen o Camiño”. De feito, lamentan “a pouca altura de miras do goberno socialista” que parece “centrar máis os seus esforzos en criticar que en traballar. O Camiño é un instrumento de oportunidades e non un recurso para a confrontación política” porque, isto último, “non supón ningún beneficio para Lourenzá nin os seus veciños”.

MELLORAS PARA LOURENZÁ

Os ‘populares’ defenden que “o noso traballo -incluídas as iniciativas do Grupo Municipal Popular- ten como obxectivo mellorar e aportar ideas en beneficio de Lourenzá e dos nosos veciños. Entendemos que o goberno local non pode decidir que a xente traballe ou monte un negocio na localidade, pero si está nas súas mans traballar para intentar fomentar que a xente teña interese en asentarse no noso concello”. Así mesmo, aseguran que “en ningún momento criticamos a ningún traballador”. De feito, “estamos orgullosos da xente que traballa por Lourenzá”.

Nesa liña, “dende o PP laurentino temos ideas e ganas de traballar. E, entre todos, seguro que podemos facer que o noso concello sexa máis atractivo para o visitante, que a xente queira investir nel e, sobre todo, facer un pobo mellor para os nosos veciños”.

REXEITAMENTO ATAQUES PERSOAIS

O PP local lamenta que “ante unha pregunta ao goberno socialista sobre a súa xestión; a resposta que recibimos sexa un ataque persoal ao presidente da xestora. Será a primeira e última vez que entremos neste xogo, pero gustaríanos aclarar que paga parte dos seus impostos en Lourenzá, traballa e crea emprego en Lourenzá e os veciños saben da súa colaboración altruísta con Lourenzá. Que non teña o seu domicilio neste municipio, non quere dicir que non traballe nin se preocupe por Lourenzá”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...