InicioM.ambiente e PatrimonioO BNG reclama ao Goberno axudas para restaurar o mosteiro de San...

O BNG reclama ao Goberno axudas para restaurar o mosteiro de San Salvador de Lourenzá

"É necesaria unha intervención e unha reparación urxente nesta zona do mosteiro e o Goberno do Estado debe facelo de maneira inmediata", pide o deputado nacionalista Néstor Rego.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG reclamou ao Ministerio de Turismo que faga fronte a un investimento económico para realizar “todas as actuacións posibles” que eviten a deterioración do mosteiro de San Salvador de Lourenzá.

Así o esixiu a formación tras coñecer, por unha resposta do propio Executivo central, a súa negativa a investir neste ben dous millóns de euros do Plan Turístico Xacobeo, alegando que non se trata dun ben de titularidade pública.

Desta forma, o BNG reclamou que, aínda que a Xunta xa está a rehabilitar pártea sur, o Ministerio debe facer fronte a ese investimento económico por outra vía e debe “facer posible” a intervención e reparación do inmoble declarado Ben de Interese Cultural.

É necesaria unha intervención e unha reparación urxente nesta zona do mosteiro e o Goberno do Estado debe facelo de maneira inmediata”, explicou o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.

O Executivo central, en resposta ao BNG, sinalou que o mosteiro “non entra no plan” de financiamento xa que unha parte “non é titularidade pública”. Con todo, a formación política remarcou que o inmoble “reúne o resto de condicións materiais para que se rehabilite sobre todo cando se conta cunha cesión de titularidade en favor dunha Administración Pública”.

En concreto, os nacionalistas fan referencia ao comezo dos trámites para asinar un convenio de cesión demanial –da zona a rehabilitar– ao Concello de Lourenzá por parte da Igrexa, xa que “o programa do ministerio recollía o compromiso de, a través dos fondos Next Generation, investir 2 millóns de euros no inmoble”. A negativa do Goberno a facer este investimento, alegan, paralizou o proceso.

Rego, apuntou que se o ministerio “descarta as actuacións, debe posibilitar as axudas económicas por outra vía”. En está liña sinalou que unha das solucións é o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que “dispón de instrumentos para a rehabilitación do patrimonio histórico de uso turístico por valor de has 500 millóns de euros para o período desde o 2021 ata o 2023”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...