IniciosociedadeO novo multiusos de Lourenzá inaugurase este sábado coa actuación de Purofilin

O novo multiusos de Lourenzá inaugurase este sábado coa actuación de Purofilin

A alcaldesa, Rocío López, explicou que “ó logo dos anos vimos dándonos conta de que Lourenzá necesitaba un local multiusos onde poder realizar moitas das actividades que tiñan lugar no municipio".

Publicada o

- Advertisement -

Remataron as obras de reforma das instalacións da nave do recinto feiral rpara a construción dun local multituosos denominado Ponte de Cuñas. Será inaugurado este sábado, 10 de setembro, ás 19:30 horas e ás 20:00 horas actuará Purofilin co seu espectáculo titulado De Machín a la Nueva Trova.

A alcaldesa, Rocío López, explicou que “a creación dun local multiusos onde poder desenvolver moitas das actividades que se veñen realizando (Gala do Teatro, conferencias, Comida da Terceira Idade, Mercado de Nadal, eventos das Escolas Deportivas,…) foi sempre para nós unha prioridade, e máis agora, cando as circunstancias do Covid requiriron do uso de espazos máis grandes”.

A rexedora municipal engadiu que “recentemente conseguiuse, dentro do programa cofinanciado polo FEADER e a Consellería de Medio Rural, unha axuda por 47.700 euros, que nos permitiu acometer a substitución da cuberta existente de fibrocemento dunha das naves por outra cuberta nova de panel de sándwich”.

Rocío López especifica que “a nave obxecto da actuación ten unha superficie de 1.928 metros cadrados e a intervención levouse a cabo nun terzo da mesma, quedando así dividida en dúas partes. A zona sobre a que se actuou ten unha superficie de 635 metros cadrados construídos”.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...