InicioCentralLourenzáA docente Marina Oural lerá o pregón da Festa da Faba en...

A docente Marina Oural lerá o pregón da Festa da Faba en Lourenzá o día 1 de outubro

A lectura do pregón está programada para o sábado 1 de outubro ás 12 horas na praza do Conde Santo.

Publicada o

- Advertisement -

A laurentina Marina Oural Villapol será a pregoeira da trixésima edición da Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 30 de setembro ao 2 de outubro. A lectura do pregón está programada para o sábado 1 de outubro ás 12 horas na praza do Conde Santo.

Marina Oural Villapol (Lourenzá, 1968) é directora, docente e produtora. Filla e neta de labregos, de nena quería estudar coreografía. Técnico en Relacións Públicas, traballa no Coliseum da Coruña para a Concellaría de Cultura e Deporte e crea o seu propio gabinete ATANA (A Coruña 1993-2009), producindo contextos para colectivos, concellos e Xunta de Galicia ao tempo que imparte aulas desta profesión en diferentes escolas. No 2009 disolve a vida na cidade e volve á aldea natal laurentina. Alí dá de cheo coa psicóloga e cantora Ugia Pedreira; comezan dúo artístico ao tempo que co-fundan a Oficina Galega Doutros Asuntos do Movemento, espazo asociativo de creación e pedagoxía para a diversidade funcional, artística e colaboración en rede con colectivos locais e internacionais así como servizos para outros artistas compositores, como Guadi Galego ou Cristina Pato.

Na PerformanceArt 1faba1vida (2013) integra seus textos feitos cancións por A Pedreira, obra coa que actúan en diferentes programacións culturais de Galicia, Asturias e Portugal. No 2018 gana o Premio Luisa Villalta de proxectos culturais, outorgado pola Deputación de A Coruña, pola dirección e creación de juana_Inspiracións/Docencia, Poesía_Danza_Música, proxecto inspirado na poeta uruguaia e filla de pai galego de Lourenzá Juana de Ibarbourou; con dirección musical de Chefa Alonso e Irene Álvarez Coto na danza. Polo vínculo entre Rosalía de Castro e a “poeta de América” nace Rosas Negras, poesía en concerto a dúo coa saxofonista galega, participando en diferentes festivais de Galicia e Madrid.

En 2021 escribe e estrea no Festival Maré de Santiago de Compostela Maleducadas, inspirada na poeta e música Luisa Villalta, con Nacho Muñoz ao piano con electrónica e Chefa Alonso no saxo e percusión. Ao tempo participa en diferentes contextos artísticos ou pedagóxicos ligados ao cultivo da cultura de proximidade e universal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...