InicioCentralLourenzáNova edición da Ruta da Faba en Lourenzá que comeza este vindeiro...

Nova edición da Ruta da Faba en Lourenzá que comeza este vindeiro sábado 24 de setembro

A ruta inclúe visitas guiadas ao mosteiro e á igrexa de San Salvador, ao Museo de Arte Sacro, ao Centro de Interpretación da Faba e ao Pazo de Tovar, así como paseos pola área recreativa do Muíño do Pereiro e polo Mirador da Valiña.

Publicada o

- Advertisement -

A nova edición da Ruta da Faba de Lourenzá comezará o día 24 de setembro. Esta iniciativa ademais, acaba de ser premiada polo Consello Provincial de Turismo. Os interesados en facer este percorrido turístico e gastronómico este sábado poden inscribirse ata o venres.

A técnica de Turismo do Concello de Lourenzá, Justa Rodríguez, explica que “agora que está saíndo a faba fresca facemos esta primeira ruta da tempada, que continuará con outras en outubro e novembro, en datas que concretaremos en breve. O percorrido, que será en autobús, empezará ás 10 da mañá en Vilanova de Lourenzá e rematará ás seis da tarde. E as prazas son limitadas a 20 persoas”.

A ruta inclúe visitas guiadas ao mosteiro e á igrexa de San Salvador, ao Museo de Arte Sacro, ao Centro de Interpretación da Faba e ao Pazo de Tovar, así como paseos pola área recreativa do Muíño do Pereiro e polo Mirador da Valiña. Tamén hai degustacións gastronómicas de Faba de Lourenzá e outros produtos típicos da zona e visita ás instalacións da cooperativa Terras da Mariña, onde os participantes verán o proceso de envasado das fabas.

O prezo é de 50 euros por persoa e inclúe todas as entradas aos lugares que se visitan, as degustacións, o desprazamento en autobús e o seguro. As inscricións poden facerse a través do teléfono 646.384.124 ou do correo electrónico lourenzaturismo@outlook.es.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...