InicioCentralLourenzáA XXX Festa da Faba de Lourenzá comeza as súas actividades este...

A XXX Festa da Faba de Lourenzá comeza as súas actividades este venres e finalizarán o domingo

A rexedora de Lourenzá explicou tamén que “este domingo, 2 de outubro, celebrarase o primeiro mercado de venda de fabas ao por maior desta tempada. As expectativas son boas pois a pesares de que se espera menos produción que o ano pasado, por mor das desfavorables condicións meteorolóxicas, a calidade da faba vai ser moi boa”.

Publicada o

- Advertisement -

As actividades da trixésima edición da Festa da Faba de Lourenzá, declarada de Interese Turístico Galego comezarán este venres día 30. Os actos desenvolveranse ata o domingo, 2 de outubro.

A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “os actos arrancan o venres ás 19:30 horas cun espectáculo de maxia de Cayetano Lledó no Claustro do Mosteiro. A continuación terá lugar a tradicional cata de viños, este ano a cargo da adega Fanrelo, da Denominación de Orixe Monterrei; e para acompañar haberá unha degustación de tapas con fabas preparadas pola Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo. O toque musical virá da man do grupo Diavolinos”.

A rexedora engade que “o sábado a tarde haberá unha actuación do grupo de música tradicional Osorio Gutiérrez, seguido dun concerto do grupo Airiños da Freba. A orquestra Principal será a encargada de poñer o toque musical na sesión vermú e na verbena do sábado, no Campo dos Bolos. Temos unha edición da Festa da Faba con moita música e moito baile, que continuará na xornada do domingo cunha actuación das rondallas Trovadores de Ares e Mugardesa; e xa pola tarde coa actuación da Banda de Música de Lourenzá, seguida do recital poético musical Rosas Negras, de Marina Oural e Chefa Alonso. A clausura desta XXX edición virá da man de Queiman e Pousa co seu espectáculo Un verso, un cantar. Non faltarán tampouco os pasarrúas a cargo do cuarteto Catro Canos e as charangas Mekánica e Louband. E os tres días da festa teremos tamén música para a xuventude coa actuación de varios DJ no Campo dos Bolos, coa colaboración da asociación Conde Santo”.

Rocío López explica ademais que “haberá a tradicional degustación e venda de fabas, produtos de artesanía, concentración de vespas e vehículos clásicos, exposición de automoción e vehículos agrícolas, obradoiros, … Todo iso e moito máis poderano desfrutar os visitantes que se acerquen aquí, a Lourenzá. E, tratándose da festa gastronómica da nosa leguminosa, algo que non pode faltar son as distintas receitas elaboradas con fabas e que se poderán degustar en tapas nos locais de hostalería da zona ó longo de toda a fin de semana”.

A alcaldesa destaca tamén que “o pregón, que terá lugar o sábado ás 12 do mediodía virá da man dunha muller: é Marina Oural, unha laurentina de pura cepa, cunha longa traxectoria no mundo artístico e cun profundo agarimo e sentimento pola súa terra”.

Rocío López engade que “non faltará tampouco a programación deportiva para esta fin de semana coa gran coñecida carreira do Val das Fabas. Haberá tamén xogos tradicionais para todos os públicos da man de Xotramu, que serán os encargados de poñer o toque de diversión. Ademais contaremos con varios membros da Asociación de Cociñeiros de Lugo, que nos teñen preparado un showcooking para as xornadas do sábado e do domingo. Tamén volveremos ter o tren turístico, que fará un percorrido atravesando as distintas parroquias que forman o Val de Lourenzá. Nese paseo os turistas poderán ver as terras nas que se cultiva a faba e recibirán explicacións de todo o proceso produtivo desta leguminosa. Para nós isto é algo moi importante xa que nos permite dar a coñecer ao visitante a riqueza paisaxística e o patrimonio arquitectónico que temos neste concello”.

A rexedora explica tamén que “este domingo, 2 de outubro, celebrarase o primeiro mercado de venda de fabas ao por maior desta tempada. As expectativas son boas pois a pesares de que se espera menos produción que o ano pasado, por mor das desfavorables condicións meteorolóxicas, a calidade da faba vai ser moi boa”.

Para rematar a alcaldesa de Lourenzá anima “a todos os veciños e xentes da Mariña e doutras comarcas e lugares a facer un oco na súa axenda e vir desfrutar das actividades que temos preparadas nesta trixésima edición da Festa da Faba de Lourenzá. Estou segura de que van marchar cun bo sabor de boca e cun fermoso e grato recordo dos recunchos e marabillas que esconde este pequeno pobo da Mariña lucense”.

VEHÍCULOS CLÁSICOS

As actividades da concentración de vehículos clásicos empezarán o sábado cunha exposición de scooters e motos clásicas desde as 10 da mañá na rúa, “onde haberá probas de habilidade, carreiras de lentos e máis sorpresas sobre dúas rodas, como a presentación do invento Vespa-bici. Tamén teremos uns pinchos a media mañá e a saída de ruta está prevista para as 13.30 horas. O xantar será en Lourenzá ás 14.30 e despois celebrarase a entrega de premios e sorteos. Haberá tempo tamén para unha charla coloquio cos aventureiros da Lourenzá – Nordkapp, Jorge Aguirre e Cefe Martínez, que nos contarán e proxectarán moitas aventuras e anécdotas da viaxe”, explican os organizadores.

Tamén anuncian que o domingo “terá lugar a exposición de vehículos dende as 10.00 horas, na que se espera a participación de coches espectaculares chegados de diferentes puntos de Galicia, Asturias e León. Segundo van as inscricións prevese que haberá preto dun centenar de vehículos. Ás 13.30 horas será a saída da ruta para xantar ás 14.30 horas e posteriormente regresar a Lourenzá para a entrega de premios e os sorteos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...