O IV Certame de Teatro Afeccionado comeza en Lourenzá o vindeiro 1 de novembro

As seguintes representacións serán os días 5, 6, 12, 13, 18, 19, 20 e 27 de novembro e gala de entrega de premios está programada para o 17 de decembro.


O vindeiro martes, 1 de novembro, ás 20:30 horas dará comezo no multiusos Ponte de Cuñas o IV Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “a obra que abrirá o concurso será A morte morrida, unha divertida comedia representada polo grupo de teatro O Centiño, de San Martiño (Foz). A entrada terá un prezo simbólico de 3 euros. A programación completa deste certame, que se desenvolverá ao longo do mes de novembro, pode verse nas páxinas oficiais do Concello, nos folletos distribuídos en comercios e bares da localidade, nun panel que estará instalado na Praza do Concello e tamén se repartirán folletos os días das representacións. Antes de cada función repartiranse entre o público asistente, de maneira aleatoria, unhas tarxetas para que dean o seu parecer sobre a obra a concurso e desta maneira decidir cal delas leva o Premio do Público”.

As seguintes representacións serán os días 5, 6, 12, 13, 18, 19, 20 e 27 de novembro e gala de entrega de premios está programada para o 17 de decembro. Este certame está organizado polo Concello de Lourenzá coa colaboración da Deputación de Lugo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here