InicioCentralLourenzáMellora no alumeado do campo de fútbol de Santa Cruz en Lourenzá

Mellora no alumeado do campo de fútbol de Santa Cruz en Lourenzá

"Con este proxecto damos continuidade á mellora das instalacións do campo de herba artificial, proxecto que foi financiado no seu día grazas a un convenio coa Deputación de Lugo por un importe de 254.000 euros”, sinala a alcaldesa Rocío López.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Lourenzá traballa estes días para solucionar os problemas no alumeado do campo de herba artificial de Santa Cruz.

A alcaldesa, Rocío López, explica que “o Concello está a traballar na elaboración dun proxecto integral para eliminar os antigos postes situados nos accesos que hai entre os dous campos e poder así utilizar ese espazo dun xeito máis eficiente. O novo alumeado irá situado no lateral das instalacións do novo campo artificial e permitirá solucionar os problemas de deficiencia de luz que hai na actualidade. Con este proxecto damos continuidade á mellora das instalacións do campo de herba artificial, proxecto que foi financiado no seu día grazas a un convenio coa Deputación de Lugo por un importe de 254.000 euros”.

A rexedora municipal engade: “agora daremos traslado do presente proxecto de mellora do alumeado do campo de fútbol á Xunta de Galicia para pedir a súa colaboración a través dalgún convenio para a mellora das instalacións deportivas. Hai un ano conseguimos que a Xunta instalara focos novos no campo de herba natural e agora agardamos que a resposta a esta petición sexa tamén favorable por parte deste organismo. Sacar adiante este proxecto é para nós outra das necesidades que temos neste momento para mellorar as instalacións de Santa Cruz; e agardamos poder logralo, igual que fixemos realidade a construción do campo de herba artificial, tan demandado polos nosos deportistas”.

Rocío López destaca que “esta intervención permitirá favorecer a práctica deportiva dos máis de 250 rapaces das distintas áreas e categorías que temos nas Escolas Deportivas e que utilizan estas instalacións a diario. A maiores tamén se están estudando distintas vías para mellorar o peche perimetral das instalacións de Santa Cruz, de cara a unha maior seguridade do recinto”. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...