InicioCentralLourenzáLourenzá convoca o seu concurso de postais de Nadal que este ano...

Lourenzá convoca o seu concurso de postais de Nadal que este ano estará dedicado a Francisco Fernández del Riego

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “As bases completas serán repartidas no CEIP Juan Rey e tamén se poden consultar na Biblioteca Municipal”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Lourenzá convoca o concurso de postais Nadal 2022, dirixido aos escolares de Infantil e Primaria do concello. O tema do concurso é O Nadal de Don Paco, en referencia ao escritor laurentino Francisco Fernández del Riego, ao que se lle dedicará o próximo Día das Letras Galegas.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “a técnica será libre e as obras deberán presentarse nunha cartolina A4. O prazo de entrega dos traballos remata o 16 de decembro. Establécese un primeiro premio, dotado con 75 euros e trofeo; e tres accésits, dotados con 25 euros e diploma. A postal gañadora será empregada polo Concello como felicitación de Nadal. As bases completas serán repartidas no CEIP Juan Rey e tamén se poden consultar na Biblioteca Municipal”. Desde a Concellería de Cultura agradecen de antemán a colaboración do colexio e da ANPA.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...