InicioCentralLourenzáLourenzá celebrará unha festa de magosto este sábado 26 de novembro organizada...

Lourenzá celebrará unha festa de magosto este sábado 26 de novembro organizada pola ANPA do colexio Juan Rey

Esta festa está organizada pola Anpa do colexio Juan Rey coa colaboración do Concello de Lourenzá, que aporta os biscoitos e o chocolate para a merenda. As actividades son gratuítas para os socios da Anpa e os demais terán que pagar 5 euros por persoa.

Publicada o

- Advertisement -

O recinto feiral de Vilanova de Lourenzá acollerá unha festa magosto este sábado, 26 de novembro.

As actividades empezarán ás 16:30 horas con talleres de outono para os nenos e nenas que se desenvolverán ata as 18 horas, cando haberá merenda con chocolatada. E ás 19 horas farase un bingo familiar.

Esta festa está organizada pola Anpa do colexio Juan Rey coa colaboración do Concello de Lourenzá, que aporta os biscoitos e o chocolate para a merenda. As actividades son gratuítas para os socios da Anpa e os demais terán que pagar 5 euros por persoa.

A alcaldesa, Rocío López, anima “a todos a asistir, a participar no magosto e a colaborar coas actividades que organiza a Anpa do colexio Juan Rey”.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...