InicioCentralMondoñedoO alcalde de Mondoñedo recibe ao director xeral de Vicarli, empresa interesada...

O alcalde de Mondoñedo recibe ao director xeral de Vicarli, empresa interesada en asentarse no concello

Vicarli, situada en Huarte-Pamplona, ten dúas liñas de negocio: o transporte e a loxística.

Publicada o

- Advertisement -

Mondoñedo esperta o interese das empresas, que queren coñecer as condicións que ofrece o seu chan industrial. Nesta ocasión é a firma Vicarli a que quere coñecer de primeira man as vantaxes que ofrece este concello desde o punto empresarial. Días pasados, desprazáronse a Mondoñedo, José Manuel Tejada Sáenz, director xeral de Vicarli, e o arquitecto desta firma, Javier Lana.

O obxectivo da visita foi a estudar a posibilidade de adquirir dúas parcelas no parque empresarial de Mondoñedo, para construír nesta cidade un almacén de distribución de pezas de recambio para o mantemento dos aeroxeradores dos parques eólicos de Galicia. Os dous representantes da empresa mantiveron unha reunión co alcalde, Manuel Ángel Otero Legide, coa arquitecta dos servizos municipais e o axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello.

Vicarli, situada en Huarte-Pamplona, ten dúas liñas de negocio: o transporte e a loxística. Na área do transporte, conta cunha frota de 150 camións, entre propios e externos, que se renova cada tres anos. Pola súa banda, a actividade loxística abarca en total máis de 200.000 metros de almacén.

“O obxectivo, de fronte ao ano que vén, é seguir potenciando a nosa actividade”, sinala o director xeral da empresa, José Manuel Tejada. Ademais, a empresa emprendeu tamén un proceso de dixitalización que estará listo na súa primeira fase en febreiro de 2023, para perfeccionar aínda máis as operativas loxísticas. Palabras descoñecidas

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...