InicioCentralMondoñedoOs socialistas de Mondoñedo sinalan que Candia marchou "polo xogo sucio que...

Os socialistas de Mondoñedo sinalan que Candia marchou “polo xogo sucio que sempre fai en política”

Ven na “soidade e silencio” cos que cesou Candia a “clara demostración de que nin ós traballadores públicos nin ós veciños lles gustan as malas artes” da aspirante popular á Alcaldía de Lugo .

Publicada o

- Advertisement -

“O tempo coloca a cada un no seu sitio: o luns, José Ramón Gómez Besteiro volveu pola porta grande á primeira liña da política galega nun acto multitudinario na súa toma de posesión como delegado do Goberno, e a persoa que tentou acabar con el con artimañas mesquiñas, mentiras e inventos marchou pola porta de atrás”. Así valoran os socialistas da provincia a renuncia de Elena Candia ó seu posto como primeira tenente de Alcalde no Concello de Mondoñedo.

Os socialistas ven na “soidade e silencio” cos que cesou Candia a “clara demostración de que ós traballadores públicos nin ós veciños lles gustan as malas artes” da aspirante popular á Alcaldía de Lugo, “que sempre leva o xogo sucio á política e lle gusta enzoufar”, como demostra “continuamente”, e como fixo levando os anónimos á xuíza expedientada Pilar de Lara que orixinaron a persecución contra Besteiro. “E, non só iso, mentiu negando que fora ela, ata que dende o PSdeG a deixamos en evidencia facendo público os documentos que demostran”.

Neste sentido, incidiron en que onte “intentou despistar sobre a súa responsabilidade directa na operación contra Besteiro, pero o único que demostrou é que nin ten ideas, nin ten equipo, pois comprou a un mercenario prometéndolle un alto cargo municipal”. “Foi un xesto á desesperada, tentando desviar a atención”.

“NON SE FÍA DOS SEUS”

“Candia non coñece a cidade e parece non fiarse moito dos seus compañeiros de partido, porque a súa aposta é intentar convencer con promesas laborais a persoas doutros partidos para que muden as súas conviccións por comenencia persoal. Xa o fixo no Páramo e en Samos, e agora anúnciao tamén en Lugo”.

Para os socialistas, “é unha vergonza que en pleno século XXI se anuncie como gran fito político a fichaxe dun tránsfuga a cambio dunha oferta laboral cunha alta remuneración. A única aposta de renovación de Candia é a renovación das fórmulas caciquís do PP de sempre, ás que engade o seu xeito mesquiño de entender a política”.

“Besteiro volveu á primeira liña da política nun acto multitudinario e cun ambiente de emoción, forza e ilusión, mentres Candia, con catro persoas entre o público, nin sequera falou para despedirse dos seus veciños nunha imaxe reveladora de que a popular deixa terra queimada alá por onde pasa”, recalcaron.

“Por moitos intentos que faga, xa non engana, nin despista a ninguén”, subliñaron, “a señora Candia está hoxe inhabilitada politicamente para ser candidata á Alcaldía”. “Seguimos esperando que teña a dignidade de rectificar e pedir perdón e, senón, debe irse da política porque non vale todo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...