IniciosociedadeA Garda Civil detén en Mondoñedo a un home con orde europea...

A Garda Civil detén en Mondoñedo a un home con orde europea de detención

Publicada o

- Advertisement -

Efectivos da Garda Civil detiveron en Mondoñedo a un home ao que lle consta un requirimento europeo de detención e entrega, procedente das autoridades de Romanía. Segundo informaron fontes da Comandancia, a detención produciuse no centro urbano de Mondoñedo, cando unha dotación identificou a esta persoa viaxando como acompañante a bordo dun turismo.

Como o home non levaba documentos encima, foi trasladado a dependencias policiais para a súa filiación, xunto coa condutora do vehículo, unha veciña da Pontenova, que nunca obtivo un permiso de circulación válido, e contra a que se instruíron dilixencias por un presunto delito contra a seguridade.

Ao comprobar a identidade do home, a Garda Civil constatou que ten un requirimento en vigor, e foi posto a disposición do xulgado central de Instrución 5 da Audiencia Nacional.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...