Detido en Mondoñedo un home de 35 anos do que constaba unha requisitoria por un xulgado de Ferrol

Investigan a un veciño de Sarria despois de que un empregado, en situación irregular en España e sen contrato, sufrise un accidente laboral

Axente da Garda Civil. AXM

A Garda Civil detivo en Mondoñedo a un home de 35 anos de idade, veciño do municipio lucense de Ribadeo, sobre o que constaba unha requisitoria do Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol.

Segundo informa o Instituto Armado, os feitos ocorreron o mércores, cando en Mondoñedo se procedeu a identificar a unha persoa que se atopaba no interior dun turismo que carecía de ITV e seguro en vigor. Os axentes detivérono por constar esa requisitoria sobre el, pero puideron comprobar tamén que non obtivera nunca o permiso de conducir. Por isto mesmo, impútaselle un delito contra a seguridade viaria.

DELITOS CONTRA Os DEREITOS LABORAIS

Así mesmo, a Garda Civil imputou como investigado a un veciño de Sarria de 70 anos de idade por un suposto delito contra os dereitos dos traballadores. E é que, segundo relata o Instituto Armado, un dos seus empregados sufriu un accidente laboral pero atopábase en España en situación irregular, sen contrato e sen seguro médico.

FURTOS

Por outra banda, a Garda Civil imputou en calidade de investigados a dous veciños de Ourense, de 42 e 37 anos de idade, por un delito de furto cometido en Sober.

Os feitos tiveron lugar o pasado día 10 na parroquia de Canabal, cando os presuntos autores subtraeron 70 postes de biondas e trasladáronas nunha furgoneta á cidade das Burgas para a súa posterior venda. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Monforte de Lemos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here