InicioCentralMondoñedoMondoñedo permite construír a Base Integrada de Unidades Operativas no polígono industrial

Mondoñedo permite construír a Base Integrada de Unidades Operativas no polígono industrial

No proxecto, impulsado pola Axencia Galega da Industria Forestal, indícase que a Base, ademais de ser un espazo dedicado á defensa do monte, ten a vontade “de converterse nunha das iconas de Mondoñedo”.

Publicada o

- Advertisement -

A Concello acaba de conceder licencia para a construción no parque empresarial da Base Integrada de Unidades Operativas de Mondoñedo, promovida pola Axencia Galega da Industria Forestal, para a loita contra o lume e a protección do monte na área da Mariña. O orzamento de contrata das obras ascende a 479.918,65 euros.

En canto ao edificio en si, no proxecto sinálase: “Proponse a execución do centro coma un espazo dedicado á defensa do monte, pero tamén coa vontade de converterse nunha das iconas de Mondoñedo. Trátase de xerar un contedor de servizos de protección forestal, que poda funcionar como nodo de todos os axentes participantes nesta ardua laboura, favorecendo a conciliación entre descanso e traballo dos brigadistas, pero sen esquecer a integración nunha contorna tan sensible. Para minimizar o impacto dunha edificación, óptase por fragmentar o seu volume, en dúas ás diferenciadas, unha aberta, e outra consistente nun volume pechado. Outro dos mecanismos de integración é a inclusión de parasois emparrados e que voan sobre a paisaxe, minimizando o impacto do soleamento na área de comedor e descanso”.

O terreo no que se construirá a BUO é cedido polo Concello, segundo explicou no seu momento o alcalde, Manuel Otero.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...