InicioCentralMondoñedoInvestigación penal contra un veciño de Lanzarote por conducir baixo efectos das...

Investigación penal contra un veciño de Lanzarote por conducir baixo efectos das drogas

Finalmente, en Ribadeo, a Garda Civil interceptou na Avenida das Américas ás 9,35 da mañá a un veciño de Valdés (Asturias) de 28 anos de idade que deu positivo indiciario en cocaína.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil abriu unha investigación penal contra un home de 41 anos, veciño de Lanzarote (Canarias), que foi interceptado ao volante e deu positivo en alcoholemia, metanfetaminas e cocaína.

Segundo informa o Instituto Armado, ocorreu o sábado 1 de xullo sobre as 16,00 horas da tarde. Os axentes deron o alto ao turismo no quilómetro 548,300 da A-8, tras comprobar que cometera unha infracción administrativa de tráfico.

Así, ao realizarlle o correspondente test, arroxou un positivo en alcoholemia que cuadriplicaba a taxa máxima permitida. Ademais, sometido á proba de drogas, deu positivo indiciario –pendente de confirmación por laboratorio– en metanfetaminas e cocaína.

Por todo iso, a Garda Civil remitiu as dilixencias instruídas ao Xulgado de Instrución número 1 de Mondoñedo.

Finalmente, en Ribadeo, a Garda Civil interceptou na Avenida das Américas ás 9,35 da mañá a un veciño de Valdés (Asturias) de 28 anos de idade que deu positivo indiciario en cocaína, opiáceos e THC, á espera de que se confirme por laboratorio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...