InicioCentralMondoñedoPontón visita a feira 'As San Lucas' de Mondoñedo para esixir "máis...

Pontón visita a feira ‘As San Lucas’ de Mondoñedo para esixir “máis servizos e apoios” para o rural

Publicada o

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou este mércores na súa visita á feira tradicional de ‘As San Lucas’, en Mondoñedo, a importancia de destinar “máis servizos e máis apoios” ao medio rural para poder construír, dixo, “un medio rural vivo”.

O que aquí se ve é a potencialidade do noso medio rural, a enorme tradición que hai ao redor del e o importante que é que sigamos apostando por iso para darlle moito máis futuro á xente que vive aquí“, manifestou a líder nacionalista, antes de destacar a longa traxectoria da feira de ‘As San Lucas’, á que cualificou como “a máis antiga de Galicia” e “unha das máis antigas de Europa”.

Na súa visita á feira mindoniense, a líder do BNG estivo acompañada polo deputado no Parlamento galego, Daniel Castro; o deputado provincial, Daniel García; a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o portavoz municipal do BNG en Mondoñedo, Eloi Cabanas; e o resto de concelleiros da formación nacionalista no municipio.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...