- Advertisement -
O servizo de atención temperá da agrupación de concellos de Mondoñedo, A Pastoriza, Abadín, Riotorto e Trabada presentarase o vindeiro día 16 de xaneiro.
Será en Mondoñedo, a partir das 20.00 horas, na casa de xuventude, baixo o lema de “Atención Temperá e Familia“.
EXPLICACIÓN
Nesta xornada explicarase en que consiste o servizo e as fases polas que pasan as familias con fillos que presentan dificultades no seu desenvolvemento.