InicioCentralMondoñedoPresentado o libro 'Abrindo Camiño. Homenaxe a Andrea López Chao' en Mondoñedo

Presentado o libro ‘Abrindo Camiño. Homenaxe a Andrea López Chao’ en Mondoñedo

A Asociación Abrindo Camiño realiza unha homenaxe á mestra mindoniense Andrea López Chao, pioneira no campo pedagóxico que desenvolveu o seu traballo na emigración en Cuba.

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Abrindo Camiño realizou unha homenaxe á educadora e pedagoga Andrea López Chao, quen realizou a súa carreira profesional na emigración en Cuba. No acto participaron a deputada de Cultura Iria Castro, a académica Pilar Cagiao Vila e o xornalista Xosé María García Palmeiro encargáronse da ofrenda floral celebrada Cemiterio Vello de Mondoñedo, fronte á placa homenaxe instalada no pasado verán.

Previamente, Iria Castro participou nunha palestra na que se presentou o libro de actas das Extra XVI Xornadas do Peregrino ‘Abrindo Camiño’. Homenaxe a Andrea López Chao, que tiveron lugar o pasado verán en Mondoñedo e Vilalba, editado polo Vicepresidencia da Deputación, e de proxectou o teaser do documental “Andrea López Chao. O poder de educar”, da man da súa directora, Violeta Ramos Valdés, xornalista e cineasta galego-cubana.

Na súa intervención, Iria Castro renarcou que “é de xustiza asegurarnos de que a memoria de Andrea López Chao e da emigración galega a Cuba se manteña” e animou a continuar a investigación sobre a súa figura como pioneira na defensa do dereito das mulleres á sanidade e á educación a comezos do século pasado, abrindo camiños para todas as que chegamos despois.

Andrea López Chao

Nada en Mondoñedo en 1874, Andrea López Chao emigrou a Cuba en 1904 despois de gañar por oposición a praza de directora do Plantel Educativo do Centro Galego da Habana. Foi a primeira muller Vicepresidenta da Sociedade “Hijas de Galicia” e como representante deste colectivo, que chegou a perto de sesenta mil asociadas, participou no “I Congreso de Mulleres de Cuba” celebrado en 1923.

Participou na creación en 1917 da Sociedade “Hijas de Galicia” para axudar, acoller e asistir sanitariamente as mulleres galegas emigradas en risco de exclusión social e para elo impulsa en 1924 a creación do Hospital e posteriormente do Balneario de “Hijas de Galicia- Concepción Arenal.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...