Unha persoa foi excarcerada este xoves tras saír da vía o vehículo no que viaxaba no municipio lucense de Mondoñedo, segundo informou o 112.
O accidente tivo lugar esta tarde, ao redor das 14,00 horas, na N-634, á altura do punto quilométrico 598, ao seu paso polo concello lucense de Mondoñedo.
Foi un particular o que chamou ao 112 para informar dun vehículo envorcado na parroquia de Sasdónigas. No seu relato, indicaba que unha persoa necesitaba axuda, pois estaba atrapada no interior do turismo.
A partir de aí, os xestores do 112 alertaron enseguida aos Bombeiros de Barreiros, que acudiron ao lugar do accidente e fixeron uso do material de excarceración para liberar á persoa implicada.
Ata o punto tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil de Tráfico, os efectivos de Protección Civil de Mondoñedo e o servizo de mantemento das estradas.
Unha vez finalizadas os labores de excarceración, a persoa foi atendida polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.