IniciosociedadeFoz, Burela, Ribadeo, Mondoñedo: a CIG enumera as carencias do servizo de...

Foz, Burela, Ribadeo, Mondoñedo: a CIG enumera as carencias do servizo de fisioterapia na Mariña

O sindicato alerta do "deterioro" da prestación despois de que o Sergas rachase o concerto con clínicas privadas

Publicada o

- Advertisement -

A CIG denuncia a situación de “absoluto deterioro” na que se atopa o servizo de rehabilitación e fisioterapia na Mariña Lucense, “deficitario xa de por si e con longas listas de agarda”, unha situación que empeorou, sinala a central nacionalista, desde o pasado 31 de xaneiro, “cando o Sergas rompeu o concerto con clínicas privadas”.

Así, explica o sindicato, “todas as persoas que eran atendidas nas mesmas viron suspendido o tratamento de fisioterapia sen recibir ningunha información e solución por parte do Sergas respecto diso”.

“PLAN URXENTE”

A CIG demanda un “plan urxente de mellora” do servizo, que “utilice racionalmente os recursos do sistema público, garanta emprego de calidade e abandoe as políticas privatizadoras”, e que “dea unha solución ás persoas que están a sufrir esta incerteza porque quedan sen tratamento de fisioterapia”. Así, o sindicato propón varios puntos.

A dotación ao Hospital Público da Mariña de dous médicos rehabilitadores -conta con un na actualidade- para atender a máis de 70.000 habitantes. Tamén pide a contratación de tres diplomados en fisioterapia en quenda de mañá e tarde.

O sindicato pide tamén reforzar o persoal nos centros de saúde. Así, solicita que se dote de persoal diplomado en fisioterapia para abrir en quenda de tarde os ximnasios dos ambulatorios de Viveiro e Ribadeo, e non só pola mañá.

En Foz, o ximnasio do centro de saúde precisa, asegura a CIG, de dúas fisioterapeutas en quenda de mañá e outras dúas en quenda de tarde. O sindicato tamén solicita habilitar o de Mondoñedo, “pechado e sen material”, o que provoca “que os pacientes de tarde, tamén os de Lourenzá, sexan derivados ao ambulatorio focego”.

Deste xeito”, expón a central nacionalista, “o centro de saúde de Foz quedaría con dous fisioterapeutas de mañá e de tarde para atender aos pacientes, e Mondoñedo quedaría cun fisioterapeuta de mañá e outro de tarde para atender os pacientes de Mondoñedo e Lourenzá”.

“SITUACIÓN DE DESIGUALDADE”

A CIG tamén esixe a creación do servizo de fisioterapia no centro de saúde de Burela, “inexistente a día de hoxe”, o que coloca “nunha situación de desigualdade aos pacientes respecto aos doentes doutros concellos, xa que os médicos de familia non poden prescribir rehabilitación nos casos que establecen os protocolos Sergas”.

Este feito provoca a saturación do servizo de rehabilitación do Hospital da Mariña xa que é o centro de referencia para as veciñas e veciños de Burela”, asegura o sindicato.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...