InicioPolíticaRematado o escrutinio en Alfoz, Mondoñedo e Barreiros

Rematado o escrutinio en Alfoz, Mondoñedo e Barreiros

O PP perde case un terzo do electorado no municipio barreirense, aínda que se mantén como a listaxe máis votada, ao igual que en Mondoñedo

Publicada o

- Advertisement -

O escrutinio rematou en Alfoz, onde o PSOE subiu o porcentaxe de voto nun 11,66% para converterse na forza de maior respaldo electoral, con 476 votos (o 43,16%).

O PP cae de 536 a 385 apoios; pasa dun 48,38% dos sufraxios no 2016 a obter o respaldo do 34,90% do electorado no municipio.

As dúas forzas políticas tradicionais superan amplamente á terceira forza política, Ciudadanos, que suma 67 votos (6,07%). Unidas Podemos saca 62 sufraxios, o 5,62% do escrutinio, por 56 do BNG (5,08%). Vox obtén 24 apoios. En Marea recibe cinco apoios.

A participación subiu do 69,63% en 2016 ao 73,48% neste 2019. Votaron en Alfoz 1.136 persoas.

MONDOÑEDO

En Mondoñedo, o PP resiste como a lista máis votada, con 924 sufraxios (42,74%). No 2016 sumara 1.073 apoios, o 49,7%.

O PSOE confirma un crecemento menor que noutros concellos, de 502 votos no 2016 (23,25%) a 643 nestas eleccións xerais, o 29,74% do voto escrutado.

Podemos suma 174 votos, algo máis do oito por cento, mentres que o BNG quita 132 (6,11%). Ciudadanos e Vox obteñen idéntico resultado, con 94 sufraxios, o 4,35%. En Marea suma 50 respaldos, o 2,31%.

A participación subiu máis de catro puntos en Mondoñedo, do 66,34% nos anteriores comicios xerais ao 70,49% nos actuais.

BARREIROS

En Barreiros, o PP é a forza máis votada, con 640 votos, aínda que perde 282 sufraxios con respecto ao 2016, cando quitou o 50,77% das papeletas. O seu respaldo neste 2019 cae ao 34,26%.

O PSOE saca 530 votos, que supoñen un 28,37% do total. En 2016, os socialistas obtiveran 339 apoios electorais, o 18,67%. Tamén aumenta o seu respaldo o BNG, que obtén 221 sufraxios, o 11,83%, fronte aos 146 de 2016, o 8,04%.

Unidas Podemos obtivo o apoio de 176 electores, o que supón o 9,42% do total. Ciudadanos suma 121 sufraxios, o 6,41%, e Vox un total de 113, por riba do seis por cento. En Marea suma 11 votos.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...