IniciosociedadeA A-8, preto de 12 horas pechada ao tráfico en Mondoñedo pola...

A A-8, preto de 12 horas pechada ao tráfico en Mondoñedo pola néboa

A DXT abriu a autovía á circulación ás 10:30 horas deste xoves coa recomendación de circular con precaución por visibilidade reducida 

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Os problemas de visibilidad por mor dos densos bancos de néboa que afectan á zona do Alto do Fiouco, entre os municipios lucenses de Mondoñedo e Abadín, volveron a obrigar a pechar ao tráfico a Autovía do Cantábrico (A-8) nese treito.

Segundo informou a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a autovía foi pechada en ambos sentidos da circulación ás 23.08 horas deste mércores, concretamente entre os quilómetros 536 e 552.

Como é habitual neste tipo de casos, a Garda Civil habilitou desvíos alternativos pola estrada nacional 634 ao seu paso polo municipio de Mondoñedo

VISIBILIDADE REDUCIDA

A DXT abriu a autovía ao tráfico ás 10:32 horas desde xoves, coa recomendación de circular con precaución pola visibilidade reducida que, na hora de peche desta información, aínda presenta o treito.

A situación da vía pode consultarse no mapa de incidencias da Dirección Xeral de Tráfico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...